Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A CRTVG creará unha canle educativa para Internet
Compañía da Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) anunciou a creación dunha canle temáticadirixida a profesorado e estudantado non universitario da comunidade, nun proxecto no que contará coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Será unha canle con protagonismo para os novos modelos narrativos dixitais con maior impacto no público infantil e xuvenil, como os youtubers, e as diferentes plataformas de vídeo baixo demandaque operan nos mercados internacionais, así como as emisións en directo de grandes eventos e conferencias con persoas de prestixio internacional.
A canle dixital, transmedia e interactiva, complementará o Programa Abalar de integración das TIC na práctica educativa de Galicia, e permitirá aos docentes e aos estudantes de primaria ou secundaria obter recursos audiovisuais baixo demanda relacionados cos diferentes contidos das materias que se imparten na formación entre 6 e 16 anos.
Segundo informa a CRTVG, os dispositivos móbilesnesta nova canle serán utilizados, sobre todo, como visualizadores avanzados de contidos multimedia que permiten aos estudantes e ao profesorado unha ampliación de información e de entretemento sobre os obxectos de estudo, como por exemplo a posibilidade de que o dispositivo móbil etiquete e describa monumentos de referencia en Galicia a través da realidade aumentada, ou de que se recreen sucesos naturais ou históricos a través da realidade virtual. No eido formativo preténdese, en definitiva, ofrecer a posibilidade dun modelo educativo envolvente, que permita achegar a información necesaria no momento no que sexa demandado tanto polo estudante coma polo profesor.
O proxecto contempla tamén a creación de programas que poderán ser emitidos en canles tradicionais coma a televisión ou a radio. Para iso incorporaranse á experiencia de usuario novidades como as segundas pantallas complementarias á formación con contidos de realidade aumentada e realidade virtual para dispositivos móbiles, sincronizados con programas que se emiten actualmente.
O proxecto enmárcase dentro da Área de Innovación da CRTVG, que busca ampliar as canles de comunicación cos sectores de audiencia máis novos e os novos hábitos de consumo. O acordo entre as dúas institucións inclúe tamén a creación dun modelo de análise de datos que procese o consumo e os comportamentos da mocidade galega ante os contidos audiovisuais dixitais e ante as novas tecnoloxías. O novo proxecto terá unha duración inicial de tres anos nos que as dúas institucións públicas, CRTVG e Amtega, desenvolverán tanto a plataforma tecnolóxica necesaria para o seu funcionamento coma os contidos que se publiquen nela.



Sara Araujo Sánchez 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-04-2018 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0