Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O litoral galego, de novo en alerta
En concreto, a choiva motivou o aviso amarelo en Huesca, Zaragoza, Teruel, Navarra, Lérida e Tarragona; mentres o vento do sur con refachos de até 80 quilómetros por hora en Navarra, Lérida e Tarragona.
Ademais, os fenómenos costeiros afectarán a Pontevedra, A Coruña e Lugo, onde se espera mar combinada do oeste de 4 a 5 metros de altura. Tamén terán aviso por fenómenos costeiros en Almería e Granada, onde se esperan intervalos de vento do oeste e suroeste con forza 7. Pola súa banda, Navarra e Huesca terán tamén risco por desxeos.
Así mesmo, este sábado espéranse precipitacións fortes e persistentes en zonas de Aragón e leste de Navarra sen descartalas na área do golfo de Cádiz e espéranse refachos fortes de vento en Pireneos e nas zonas altas de Tarragona.

Os ceos estarán anubrados ou cubertos e espéranse precipitacións xeneralizadas e tormentas ocasionais en gran parte do país. As precipitacións poderán ser localmente fortes, acompañadas de tormenta e saraiba e persistentes no Leste de Navarra e en Aragón, sen descartar que tamén o sexan noutras zonas do cuadrante nordeste peninsular e na área do golfo de Cádiz.
Non se descarta algún chuvasco disperso no oeste de Baleares pola tarde e en Canarias será un sábado nubrado no norte das illas occidentais, con chuviosos e chuvascos.
A cota de neve na Península situarase no noroeste ao redor dos 1.200 a 1.400 metros e subirá a 1.400 a 1.800 metros. No centro a cota de neve estará ao redor de 1.200 a 1.400 subirá a 1.600 a 1.800 metros e no resto nevará a partir de 1.600 a 1.800 metros.




Javier Nieto Blanco 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-04-2018 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0