Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A vida tras nacer con catro riles.
José Luis Nogueira naceu por última vez o 23 de febreiro do 2010. Aquel día entrou no quirófano do hospital Juan Canalejo. Ía acompañado pola súa nai, unha muller de terra e de sal que, farta de ver sufrir ao seu primoxénito desde o mesmo momento do seu nacemento, decidira doarlle un dos seus riles. «A miña nai pariume dúas veces», resume este vilanovés.A primeira vez, o alumeamento chegou envolvido en tristeza. José Luis Nogueira naceu con catro riles, dobre vejiga e dobre uretra. Así que aquel bebé, que choraba como todos os bebés, tivo que facer fronte desde o seu nacemento a un sufrimento intolerable. «Con sete días de vida enviáronme de Pontevedra ao hospital da Coruña, case morto», conta el. A súa nai lembra a incerteza, o medo. Pero non parece querer deterse naqueles momentos. «A vida non é fácil de contar, e non foi fácil de vivir. Pero hai que botar ou peito para adiante e seguir, non pódese facer outra cousa», reflexiona. Ela fíxoo. Viu como o seu fillo entraba en quirófano por primeira vez cando apenas tiña dúas semanas de vida. Non podía imaxinarse que esa ía ser unha escena que se repetiría unha e outra, e outra vez, ao longo dos anos. «Non se cantas veces pasei por quirófano», di José Luis. «No meu historial médico só pon pluriintervenido», apunta antes de soltar unha gargallada. María del Carmen tómase un pouco máis en serio o de poñer números á historia. «Se non leva trinta operacións, moitas non lle deben faltar», di. El corrixe á baixa. Afíxose a contar só «as intervencións importantes». E tras botar as súas propias contas resolve o asunto. «Serán unhas 23».



Aitana Lanzós Gómez
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 25-03-2018 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0