Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rita, a bisavoa das vacas galegas.
Con 25 anos, cumpridos no pasado novembro, Rita é a vaca cachena máis lonxeva de Galicia e non só desta raza, senón de todas as autóctonas en perigo de extinción. Certifícao o libro xenealóxico de Boaga, a federación de razas autóctonas de Galicia, que se encarga de velar pola súa supervivencia e expansión. Naceu en 1992, en Olelas, Entrimo, en Ourense. Viviu durante uns meses en Curtis e antes de que cumprise o ano, leváronlla coa súa nai a Viveiró (Muras), á comunidade de montes Tenente e Xistral. Desde entón non volveu viaxar. Alí pasta xunto a outras 56 vacas máis da súa mesma raza e a dous touros que se encargan de que aumente a poboación de cachena. Dispón de 650 hectáreas de terreo en pleno monte, que son as que explotan os 12 comuneiros e polas que andan soltas os 365 días do ano. Rita, que figura no rexistro fundacional da raza autóctona cachena, seguiu cumprindo anos a partir de 2015 en que tivo a súa última cría, porque a súa presenza no rabaño é necesaria para que a comunidade de montes poida seguir cobrando as axudas da PAC, segundo admitiu o seu presidente, Arturo Miranda. A presenza do lobo en Ou Xistral, que ataca sobre todo ás crías, impide que o crecemento do rabaño evolucione na mesma medida que os nacementos. No pasado ano tiveron 3 baixas, e no anterior 7, polo que Rita segue sendo imprescindible. Segundo Miranda, se non fóra polos ataques destes depredadores, en lugar de 56 reprodutoras no rabaño, terían o dobre.



Aitana Lanzós Gomez
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-01-2018 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0