Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Preludio do entroido en Viana do Bolo e Vilariño de Conso
Folións de Viana, de Buxán (O Bolo) ou da Mourela p'acá de Manzaneda, máscaras como o Touro ou o Xigante de Celanvente, as Pantallas de Xinzo, os Cigarrróns de Verín, os Vergalleiros de Sarrreus, os Felos de Maceda, as Bonitas de Sande, os Troiteiros de Bnade ou os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros. Un abigarrado e multicor desfile -mais unha vez o faiscante entroido galego- encheu de vida esta fin de semana as rúas de Viana do Bolo e Vilariño de Consonun dos eventos etnográficos de maior potencia iconográfica de todos cantos se desenvolven no país.



Na Mascarada Ibérica déronse cita até 40 festas de inverno -celebracións pagás do cambio das estacións- da península ibérica -cántabras, zamoranas...-, con representación tamén portuguesa: os Caretos de Lazarim e Parada, o Careto de Valverde, o Chocalheiro de Bemposta ou os Velhos de Bruços.



Organizou o evento -o pórtico do entroido que xa dará comezo a próxima semana en Xinzo para logo se estender ao conxunto do país- a Comisión do Entroido 2018 de Viana do Bolo, a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso e a Saga, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Viana.



Candela Fernández del Pon, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2018 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0