Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A pista cuberta de Ourense alza o seu pano con 750 atletas
Un fito histórico para o atletismo galego. A apertura da pista cuberta de Expourense puxo fin a un déficit que o noroeste do país acumulaba en canto a infraestruturas deportivas e, de paso, provocou un salto cara ao que será o atletismo do século XXI. Así o celebraron onte, entre outros, Raúl Chapado -presidente da federación española- e o polifacético Manolo Martínez -integrado agora na súa directiva-, que acompañaron a Isidoro Hornillos, titular da autonómica.O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao que acompañaron o responsable do Consello Superior de Deportes, José Ramón Lete, antecesor á fronte da Secretaría Xeral para ou Deporte da ourensá Marta Míguez, encabezaron o grupo de autoridades asistentes ao acto protocolario, entre outros representantes das institucións locais.

Destacaron en todas as intervencións o feito de que se trata da terceira instalación destas características en territorio español e unha das vinte que se estenden por todo o territorio europeo. Unha das claves do proxecto é a compatibilidade entre os usos feirais do recinto e as competicións atléticas, posto que a zona peraltada das curvas álzase por un procedemento hidráulico axustable en apenas uns cinco minutos. A superficie é mesmo adaptable a deportes como o fútbol sala, balonmán ou baloncesto, cando a pista sexa totalmente abatida. O sistema elimina ademais os gastos de almacenamento e mantemento, dispoñendo dunha cuberta adecuada, que lle permitirá ser utilizada sen complicación algunha para distintas feiras e exposicións.

Tamén se ratificou a próxima celebración do Campionato de España sub-20 de atletismo, para os días 3 e 4 de marzo.






Laura Feijoó González, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-12-2017 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0