Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
LeBron James e Westbrook impoñen a súa lei a base de triplas duplas |
|
Oklahoma gaña en Memphis na prórroga (101-102) con 20 puntos de Abrines e 22 de Marc Gasol |A estrela de Cleveland somete aos Sixers (105-98)
LeBron James demostrou de novo o espléndido momento de forma polo que atravesa co seu terceiro triplo dobre esta tempada na vitoria de Cleveland ante os Sixers (105-98). LeBron sumou 30 puntos, 13 rebotes e 13 asistencias. O 23 dos Cavaliers é o terceiro máximo anotador da tempada cunha media de 28,2 puntos só superada por James Harden (31,6) e Giannis Antetokounmpo (29,5). LeBron tamén é o terceiro na táboa de asistencias cunha media de 8,5. Só dan máis Russell Westbrook (9,7) e James Harden (9,4). MEMPHIS, 101; OKLAHOMA CITY, 102 Memphis: Tyreke Evans (29), Brooks (13), Harrison (3), JaMychal Green (5), Marc Gasol (22) ?equipo inicial-; McLemore (17), Ennis (6), Chalmers (2), Davis (2) e Martins (2).
Oklahoma City: Westbrook (20), Roberson (2), Abrines (20), Carmelo Anthony (21), Adams (21) ?equipo inicial-; Patterson (6), Grant (0), Singler (1), Huestis (5) e Felton (6). Parciais: 34-19, 23-27, 9-21, 26-25 e na prórroga 9-10.
FedEx Forum de Memphis. 18.119 espectadores. José Manuel Calderón, titular de novo nos Cavaliers, achegou oito puntos, dous rebotes e dúas asistencias en 28 minutos. Foron baixa Kevin Love e Tristan Thompson. O pivote croata Ante Zizic foi titular aínda que só estivo cinco minutos na cancha. Wade, Korver e Jeff Green anotaron 13 puntos cada un. Os Sixers non aliñaron a Joel Embiid. Redick e Covington, con 19 puntos cada un, foron os seus máximos anotadores.
Russell Westbrook pechou a vitoria de Oklahoma City en Memphis (101-102). Foi necesaria unha prórroga e Westbrook anotou os dous tiros libres que sentenciaron, antes de que Tyreke Evans fallase sobre a bucina e non chegase sequera a lanzar.
Westbrook foi determinante co seu oitavo triplo dobre esta tempada, de longo o mellor da NBA neste apartado estatístico. O base dos Thunder sumou 20 puntos, 11 rebotes e 14 asistencias. Alex Abrines, titular en ausencia de Paul George, lesionado, brillou cun 6 de 8 en triplos e 20 puntos, catro rebotes e dous roubos de balón. Tamén se luciron Carmelo Anthony e Steven Adams con 21 puntos e nove rebotes cada un.
Tyreke Evans, base titular en ausencia de Mike Conley, asumiu a responsabilidade ofensiva con 29 puntos e 13 rebotes, xunto a Marc Gasol, que sumou 22 puntos, seis rebotes e seis asistencias. Os Grizzlies fallaron sete tiros libres e no últimos catro segundos dos 48 minutos de tempo regular Marc Gasol fallou un e Tyreke Evans, dous, factor decisivo para que non se movese o empate a 92 e fóra necesaria a prórroga. Xa ao final da prolongación e con, 101-100, fallou outros dous tiros libres, mentres que Westbrook, acto seguido anotou os dous dos que dispuxo.
Iago García Miranda 2ºBacharelato |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|