Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ICAN, a organización gañadora do Nobel da Paz, defende o desarme nuclear |
|
Beatrice Fihn, directora da Campaña para Abolir as Armas Nucleares, galardoada este ano co Nobel da Paz, defendeu en Noruega o desarme como a única opción ao desafío nuclear e pediu aumentar a presión sobre as potencias atómicas.
Despois de advertir sobre a gravidade das consecuencias dunha eventual guerra nuclear, o comité que outorga o Premio Nobel da Paz decidiu recoñecer á Campaña Internacional para Abolir las Armas Nucleares (ICAN).
Fihn asegurou que as armas nucleares non proporcionan seguridade, senón que son unha ?ameaza? e que é pola existencia destas que o mundo vive unha situación de tensión, incrementada nos últimos meses coas ameazas entre Estados Unidos e Corea do Norte.
"Afrontamos unha clara opción: a fin das armas nucleares ou a nosa fin. Mentres haxa armas nucleares haberá risco. (...) Debemos obrigar aos nosos líderes a impulsar unha política que non sexa dependente da produción desas armas", afirmou a directora do ICAN.
Do mesmo xeito, o activista Tilman Ruff, presidente da Asociación Internacional de Médicos para a Prevención de la Guerra Nuclear (IPPNW) fixo énfase en que, se ben as armas de Corea do Norte son perigosas, a verdadeira ameaza son ?as decenas de miles de oxivas nucleares en poder das grandes potencias.?
Antía Forneiro Bugallo 2ºBacharelato |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|