Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Galicia e Asturias estarán este venres en risco por choivas |
|
Galicia e Asturias estarán este venres en risco por choivas
Poderán acumular até 40 litros por metro cadrado en doce horas
As provincias galegas da Coruña, Lugo e Ourense, e o Principado de Asturias terán este venres activado o aviso de risco (amarelo) por choivas, que poderán acumular uns 15 litros por metro cadrado nunha hora e até 40 litros por metro cadrado en 12 horas nalgunhas zonas, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
En xeral, a AEMET espera precipitacións localmente fortes ou persistentes en Galicia e as zonas próximas e en boa parte da metade noroeste peninsular, de modo que serán menos probables canto máis cara ao leste. As precipitacións poderán afectar tamén, aínda que de forma máis débil e dispersa, a puntos da cordilleira Ibérica, Pirineo oriental, meseta sur e Estremadura.
Respecto de Canarias, a AEMET sinalou que os ceos estarán anubrados nas illas Canarias occidentais, con precipitacións ocasionais que, ao final do día, poderían ser fortes localmente na Palma e O Hierro. No resto do país, intervalos de nubes medias e altas pero sen precipitacións.
Ademais, as precipitacións serán en forma de neve a partir de 2.000 ou 2.200 metros no extremo norte peninsular, aínda que a última hora do día baixará a 1.600 ou 1.800 metros na cordilleira Cantábrica.
En canto ás temperaturas, espérase que descendan en boa parte da metade noroeste peninsular e que a baixada será máis acusada en Galicia e Cantábrico. No resto prevense poucos cambios e en xeral as temperaturas serán superiores ás normais para estas datas na metade sueste peninsular e Baleares.
O vento soprará de compoñente sur en boa parte de España, aínda que no noroeste da Península e Cantábrico irá virando a compoñente norte a partir da tarde.
Belén González Pérez 2ºBacharelato
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|