Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Alerta vermella polo temporal en varios pontos do país a partir das 18 h de hoxe
Nos pontos de alerta vermella -decretada pola Axencia Española de Metoroloxía (Aemet). os ventos poderían alcanzar os 140 quilómetros/hora.



O temporal obrigou a desviar a Madrid dous avións que tiñan previsto aterrar en Vigo, un deles, procedente de Arxel, era no que viaxaba a delegación galega da Sogaps -Solidariedade Galega co Pobo Saharaui- que recentemente visitou os campamentos de refuxiados saharianos de Tinduf.



No resto do país, fóra dos pontos vermellos, a alerta é laranxa e a previsión é que ventos de até 120 quilómetros por hora azouten o litoral e as zonas altas. A borrasca alcanzará o seu pico por volta das 15 horas e até a medianoite, logo irá perdendo forza, mais o seu epílogo se prolongará até as últimas horas desta segunda feira.



O temporal traerá intensas chuvias, que serán aínda máis abundantes en comarcas pontevedresas. Agárdase que as precipitacións superen os 120 litros por metro cadrado en toda a Galiza.



Para estremar as medidas de seguranza, os concellos de A Coruña, Ferrol e Santiago decretaron a suspensión das actividades ao ar libre. Aliás, a Federación Galega de Fútebol cancela todos os partidos programados a partir das 15 horas.


Candela Fernández del Pon, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-12-2017 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0