Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Arco Iris acusa a Augas de Galicia de non executar o Plan Auga 2009 e "agravar a situación de seca"
Insta ao organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente a constituír unha "mesa de participación social" na área coruñesa

A asociación ecoloxista Arco Iris, membro do Consello Galego de Medio Ambiente, acusa a Augas de Galicia de "non executar as previsións" establecidas no Plan Auga 2009 e de "agravar" con iso "a situación de seca" que actualmente existe na Comunidade galega.

Así o manifestou a asociación nun comunicado que pretende "denunciar esta crise ambiental" producida pola carencia de precipitacións, e "reclamar as solucións máis sustentables para paliar tal situación emerxencia".
Neste sentido, insta ao organismo Augas de Galicia a constituír, "con previsión de continuidade" no futuro, unha mesa de participación social na área coruñesa para tratar o tema da auga. Ademais, piden que sexa "similar" á xa existente en Vigo, para que integre a "organizacións ecoloxistas e sociais".
INFORME DE SOSTENIBILIDADE AMBIENTAL DO PLAN AUGA (2009)

En marzo de 2009, segundo asegurou Arco Iris, o organismo "integrado na Consellería de Medio Ambiente" Augas de Galicia, presentou un documento técnico baixo o "pomposo" título 'Informe de Sostenibilidade Ambiental do Plan Auga'. Nel detallábanse "unha serie de actuacións" que se prolongarían até o ano 2019 e para as que se destinaba un investimento de 820 millóns de euros.

A asociación Arco Iris indicou que este documento presentaba "aos catro ventos máis de 400 páxinas" e "parecía moi prometedor no seu día". Con todo, actualmente quedouse nunha "mera declaración de intencións", con "moi escasa repercusión práctica" e un "nivel de execución decepcionante".

O Plan Auga pretendía ofrecer "varias opcións" para "facer fronte ao aumento do consumo de auga", así como ao "previsible descenso das precipitacións", causado polo cambio climático. As medidas dividíanse en "cinco traxectos", clasificados segundo o grao de impacto ambiental na contorna que produciría a súa execución. Pero os ecoloxistas insistiron en que "non se implantaron a tempo".

SITUACIÓN DE EMERXENCIA EN VIGO
Tal e como comunicou a asociación Arco Iris, a cidade de Vigo "está a piques de entrar en situación de emerxencia hídrica". Neste sentido, os ecoloxistas apuntaron que fronte a tal problemática, "o Plan Auga só existe sobre o papel".

O plan mantiña "dúas ou tres captacións" de auga na cabeceira do río Verdugo, ademais de "seis bombeos municipais" neste mesmo río, cun caudal de "até 350 litros por segundo". Con todo, a asociación denuncia que "foi necesario chegar a situacións de tensión hídrica" como a actual para "comezar os bombeos ao encoro de Eiras".





Iria Álvarez Prieto, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-12-2017 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0