Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O sector tecnolóxico aumentou en Ourense no último ano
As empresas do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) de Ourense meteron unha marcha máis e o emprego está a crecer a dobre díxito cada ano. A futuro, estas actividades poden permitir reter talento, tamén rexuvenecer o tecido sociodemográfico provincial. Segundo os datos da Seguridade Social, en outubro deste ano había na provincia 660 afiliados neste sector fronte aos 546 contabilizados no 2016; é dicir, o incremento foi do 17,3%. Dos 660 cotizantes, 448 están adscritos ao epígrafe de programación, consultoría e outras actividades de informática, mentres que 192 máis se inscriben no apartado de telecomunicacións. Os contratos tamén van a máis, cun incremento do 38,4% en setembro sobre o mesmo mes do ano anterior e
un 20% sobre agosto. Pero o emprego do sector podería ser maior se se suman os profesionais autónomos.

"En Ourense pódense crear tecnoloxías para outras provincias, tamén para outros países", resume Francisco Javier Rodríguez, director da Escola Superior de Enxeñería Informática ( ESEI) do campus de Ourense. Non lle estraña o dato de crecemento de emprego porque "está en liña co que nós como facultade ou mesmo como sociedade estamos a detectar".

No ano 2009, por tanto coas primeiras poutadas da crise, había na provincia 142 afiliados á Seguridade Social no epígrafe de programación ou consultoría TIC e hoxe a cifra sobe ata os 448 empregados adscritos a este epígrafe. A iso
contribúe a cantidade de empresas do sector que nos últimos anos apostaron por Ourense. Outras, xa máis veteranas, seguen incrementando as súas
nóminas. Jorge Vázquez fundou Redegal no ano 2004, no 2012 eran 12 traballadores "e agora somos 98 persoas entre persoal en nómina e servizos externalizados". Segundo as súas estimacións, "o número de empregados
crece entre un 25% e un 30% anualmente".

Kevin Oliveira Quiroga 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-12-2017 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0