Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
mensaxes de amor |
|
O día dos namorados foi o elixido este ano pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para botar a andar unha nova quenda do concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade "Lingua de namorar", que chega á súa quinta edición.
Iniciativas coma esta, dirixidas á xente nova, e tamén as que teñan como obxectivos específicos potenciar o uso do galego como lingua de relación na mocidade galega, reforzar o uso do idioma entre os galegofalantes e proporcionarlle modelos lingüísticos galegófonos de referencia á rapazada de orixe castelanófona centrarán a axenda de traballo da Secretaría Xeral de Política Lingüística nos vindeiros meses para darlle un novo pulo á dinamización do uso do galego no marco dese novo plan, o primeiro desde o que se desenvolverán as directrices do sector 2 do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, no que xa estamos a traballar de maneira coordinada coa Dirección Xeral de Xuventude", detallou o secretario xeral, xa que "queremos que a lingua propia de Galicia sexa a lingua da xente nova", concluíu a directora xeral de Xuventude
Alba Gonzalez
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|