Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Trinta e catro cámaras vixiarán os montes desde maio e a Xunta cobrará a extinción a quen non limpe. |
|
Emendas na lei de acompañamento permitirán expropiar leiras de dono descoñecido e
intervir en solares sen orde xudicial
A rede dixital de videovixilancia para contribuír na prevención de incendios forestais
nos montes galegos constará de 34 cámaras nunha primeira fase, que a Xunta espera
que estea en marcha a partir de maio.
Ademais, os custos de extinción poderán ser repercutidos aos propietarios que
incumpran a súa obrigación de limpar o monte, as distancias mínimas que establece a
lei de montes ou que manteñan en estado de abandono parcelas que foron
concentradas, no caso de que estes incumprimentos "provoquen ou agraven" un
incendio forestal.
Así o destacou este venres, na rolda de prensa posterior ao Consello, o presidente
galego, Alberto Núñez Feijóo, quen sinalou que as cámaras cubrirán un 48% do
territorio e as 73 parroquias de alta actividade incendiaria.
Ademais, Feijóo expuxo as 12 medidas que Medio Rural presentou esta semana á
Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que, entre outros aspectos,
habilitan para a expropiación de leiras de propietario descoñecido e para intervir en
solares sen orde xudicial. Neste último caso, remarcou que "o que é inviolable é o
domicilio", para diferencialo da leira que o rodea.
Estas medidas, que modifican catro leis, serán presentadas polo grupo parlamentario
do PPdeG a modo de emendas, para a súa incorporación á lei de acompañamento
dos orzamentos, segundo explicou o titular do Goberno autonómico.
Raúl Rodríguez Seoane |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|