Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Santiago reclama á familia Franco que devolvan as dúas estatuas que pertencen ao Pórtico da Gloria. |
|
O 30 de agosto de 1961, Francisco Franco e a súa esposa Carmen Polo
paseaban polos corredores do Palacio de Xelmírez, en Santiago de
Compostela, entre os mellores expoñentes da arte románico. Dúas figuras
detiveron o seu paso naquela mostra organizada polo Consello de Europa:
Isaac e Abraham, retiradas séculos atrás do Pórtico da Gloria, obra cume do
Mestre Mateo e, nese momento, propiedade da cidade. O matrimonio quixo
asegurarse a gloria tomando un anaco dela. As pezas foron a parase a familia
do ditador tras un obsequio do concello do que non se garda rexistro algún.
Máis de medio século despois, o concello gobernado pola coalición
Compostela Aberta decidiu recuperar as obras. Aproveitando que as dúas
tallas atópanse de novo expostas no Palacio de Xelmírez, a poucos metros de
onde se asenta o Pórtico, a concelleira Marta Lois presentará no próximo pleno
municipal unha moción para poñer fin ao "espolio" e demandar a devolución
das obras ?subtraídas? polos Franco. A iniciativa recolle trasladar o acordo, de
chegar a aprobarse, á Xunta de Galicia e ao Goberno español.
O Concello prepara ademais unha reclamación por vía xudicial para declarar
nula a doazón realizada en 1961, ao non figurar no consistorio ningún
documento que a recolla. ?Entendemos que, como ben público que son estas
estatuas, non poden ser doadas a mans privadas?, engaden. Polo momento, o
conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, pide ao Goberno local ?pescudar que
pasou na súa casa?. ?Terán que poñerse a traballar para recuperar o
patrimonio. Se pasan a dominio público, estamos absolutamente a favor: son
dignas de estar nos mellores museos do mundo?, engade.
Na Fundación Francisco Franco, con todo, din sentirse ?sorprendidos? pola
petición. ?Non nos advertiron de nada e non fixemos ningún trámite.
Sinceramente, sorprenderíame moito que chegue a producirse esa entrega?,
recoñece a este diario un portavoz da fundación, que lembra que as estatuas
foron ?obsequiadas no seu momento? e, por tanto, ?pertencen á familia Franco?.
Decenas de persoas convocadas polo Bloque Nacionalista Galego (BNG)
realizaron a mañá do venres unha ocupación simbólica do museo da Catedral,
para reclamar a devolución destas dúas estatuas. Os participantes na protesta
despregaron unha pancarta na balconada do inmoble, situado na compostelá
praza do Obradoiro, na que se lía "Que nos devolvan o roubado" e a etiqueta
#franquismo nunca máis, un día despois de que o Concello de Santiago
formalizase a súa denuncia contra os herdeiros da familia do ditador.
Sara González Belloso, 1ºBACH |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|