Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Golpean brutalmente a unha muller sen fogar de 84 anos en Madrid. |
|
Varios individuos golpearon violentamente a madrugada deste xoves a unha anciá
de 84 anos que durmía no oco dunha rúa do madrileño barrio de Chamberí,
segundo confirmaron a Europa Press fontes policiais.
Os feitos tiveron lugar sobre as 3.30 horas deste xoves, Día Internacional das
Persoas Sen Fogar. Á altura do número 8 da rúa Cardeal Cisneros, Flor durmía
xunto á súa parella, ambos de orixe xitana romanés. Segundo contou a propia
vítima a varias persoas, catro individuos con botellas na man e actitude moi
violenta comezaron a insultalos e logo a patearlles.
O home puido correr e fuxir, pero a muller non o logrou, debido á súa idade e ao
seu estado de saúde. Entón, os mozos comezaron a golpeala na cara e a pateala
no estómago, quedando semiinconsciente. Tamén lles esnaquizaron os cartóns e
quitáronlles algunhas das súas pertenzas.
A muller non quixo atención nin ser trasladada ao hospital. Finalmente os
sanitarios do Samur conseguiron atender in situ na zona á muller, observando que
presentaba hemotomas de evolución de varios días. Volvéronlle a ofrecer os seus
recursos. Están tentado convencela para que acepte a axuda.
Os veciños envorcáronse en axudar á anciá, ofrenciéndole roupa e cremas para
aliviar os severos negróns que ten na cara, consecuencia da agresión. Ademais,
outra persoa regaloulle varias noites de estancia nun hotel para que se recupere e
comida, xa que os agresores quitáronlle tamén o diñeiro que levaban.
Alba Osorio Míguez, 1ºBACH. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|