Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Unha cidade india retira aos esmoleiros da rúa ante a chegada de Ivanka Trump |
|

Os esmoleiros da cidade india de Hyderabad desaparecen por momentos, e non precisamente porque desaparecese a pobreza da noite para a mañá. Todos os sintecho da zona están a ser retirados das rúas e trasladados a albergues, unha medida que se produce antes da chegada de Ivanka Trump.
A filla e asesora do presidente de EE.UU. acudirá á capital do estado de Telangana e un dos centros tecnolóxicos da India, como parte da delegación estadounidense que participará no Cume Global de Emprendemento (GES, en inglés) entre o 28 e o 30 de novembro. O curioso da noticia, se é que aínda non o era o suficiente, é que devandito albergue está situado no interior da prisión Chanchalguda, a principal da urbe.
A filla e asesora do presidente de EE.UU. acudirá como parte da delegación estadounidense que participará no Cume Global de Emprendemento
O comisario da cidade, Mahender Reddy, deféndese das acusacións alegando que non é un encarceramento, senón que trátase dun programa para darlles acubillo e tentar conseguirlles un emprego. O xefe de Policía denunciou que moitos esmoleiros están a pedir esmola de maneira indecente e utilizaron a nenos e persoas con discapacidade para solicitar diñeiro e remarcou que estarán de tres a seis meses con eles e cando se acabe a súa rehabilitación, cando sexan capaces de traballar por eles mesmos, deixarémoslles marchar, pero non antes
Pero non é a primeira vez que a cidade de Hyderabad toma unha medida destas consideracións. Xa o fixo no ano 2000 durante a visita do entón presidente estadounidense Bill Clinton.
Lucas Rubio Quiroga 2ºBacharelato |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|