Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Vigo pode entrar en fase de 'escaseza severa' de auga a principios de decembro |
|
O Concello de Vigo, que activou o plan municipal de emerxencias para situacións de seca, pode entrar na fase de 'escaseza severa' a principios de decembro, se se mantén a actual progresión de consumo e non chove.
Así o explicou o alcalde olívico, Abel Caballero, quen volveu a reclamar á Xunta que, "de inmediato e pola vía de urxencia", acometa a construción dun azud (un pequeno transvasamento) entre os ríos Verdugo e Oitavén, e reduza o caudal ecolóxico dos ríos.
Segundo lembrou, nas últimas semanas, a auga embalsada tanto en Eiras como en Zamáns, viuse reducida de forma importante, e pasou do 56,5 por cento (o 30 de setembro) ao 41 por cento (o 6 de novembro) no primeiro caso; e do 52 por cento (o 30 de setembro) ao 41 por cento (o 6 de novembro) no segundo caso.
Vigo activou o plan municipal de emerxencia para situacións de seca na súa fase de alerta (subministración para 100 días), pero Caballero advertiu de que, "coa previsión de choivas que hai, e a progresión de consumo que levamos", activaríase a seguinte fase, a de escaseza severa (subministración para 70 días), na primeira semana de decembro.
"Sigamos aforrando o máximo de auga posible", pediu o alcalde, quen reprochou á Xunta que "xa perdeu moito tempo", porque "hai que porse no peor escenario".
Balén González Pérez 2ºBacharelato |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|