Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O papa bendí a Vespa solidaria dun aventureiro galego |
|
O papa Francisco bendixo a moto Vespa coa que o galego José Antonio Fernández -coñecido como JAF- cubrirá a ruta Pamplona-Dakar-Pamplona para recadar fondos para a investigación de enfermidades esquecidas. O aventureiro e outros membros do equipo do proxecto Vespa Extreme presentáronse a maña do nove de novembro no corazón do Vaticano para que Francisco puidese dar a bendición ao vehículo que ha de levarlle á capital de Senegal.
Ao pé da escalinata da básilica de San Pedro, o aventureiro explicou ao pontífice en que consiste a iniciativa, coa que, ademais recadar fondos, levará medicamentos a un hospital de Dakar. Francisco, que mentres escoitaba ao aventureiro recibía as aclamacións dun grupo de fieis, deulle a súa bendición. "Foi un momento emocionante que todos os que estamos involucrados nesta iniciativa lembraremos", comentou Fernández na súa conta de Twitter.
Unhas horas despois do encontro, a conta do papa en Instagram fíxose eco da peculiar audiencia do día e publicou unha foto de Francisco bendicindo o vehículo.
Fernández é doutor en Farmacia pola Universidade de Navarra e utiliza o seu tempo libre para facer este tipo de viaxes, cos que recada fondos. Neste caso, o obxectivo é obter 500.000 euros para o Instituto de Saúde Tropical da citada universidade, que traballa en enfermidades "esquecidas", como a malaria ou o chagas. A maior parte, 475.000 euros, conségueos a través de patrocinadores, mentres que para os 25.000 restantes abriuse un proxecto de microfinanciación para que calquera poida facer a súa achega a través de internet.
O aventureiro galego autofinancia todas as súas viaxes, de forma que o 100% da recadación vai para os fins previstos. Utilizará para a travesía, que poderá seguirse a través do seu blogue e da redes sociais, unha Vespa 300 GTS Touring. Xa viaxou en moto por Europa, África ou Latinoamérica, pero nunca antes contara coa bendición papal.
Sara Araújo Sánchez 2ºBacharelato
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|