Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os galegos poderán esixir a partir do 10 de xaneiro unha espera máxima de 60 días para operarse. |
|
O Diario Oficial de Galicia publica este venres o ansiado decreto de esperas máximas, que Feijoo anunciou xa na súa primeira lexislatura como presidente da Xunta. Entrará en vigor en dous meses, é dicir, o 10 de xaneiro, e permitirá aos enfermos que teñan determinadas patoloxías operarse en menos de 60 días. En concreto trátase na maioría dos casos de cancros, carcinomas e outros problemas como aneurismas, enfermidades da válvula mitral ou aórtica ou desprendemento de retina.
O mesmo decreto recolle tamén unha espera máxima de 45 días para consultas externas e probas diagnósticas, neste caso sempre relacionadas con cancro. O Sergas deberá ofrecer un centro concertado ao enfermo se non pode garantir que vai operarlle antes dos 60 días, e mesmo se o paciente decide acudir a outro hospital sen comunicalo a Sanidade cumprido o prazo, a Administración sanitaria estará obrigada a reembolsarle os gastos de asistencia, aínda que non os de desprazamento. A Xunta estima que se beneficiarán anualmente deste decreto entre 15.000 e 20.000 galegos.
Laura Losada Conde 2ºBacharelato |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|