Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A estraña manobra do coche que quedou incrustado na fachada


Os viandantes e veciños das rúas Montes e Antonio Ríos observaban atónitos a escena. Da fachada dun dos edificios da segunda vía sobresaía a parte dianteira dun coche. Foi o mércores sobre as 19.00 horas cando unha muller que entraba no garaxe da vivenda perdía o control do seu vehículo e derrubaba o muro.Afortunadamente, todo quedou nun gran susto. «Axudouna a saír pola parte traseira do coche un veciño. Tiveron que suxeitar o vehículo para que non se fose abaixo», afirma unha traballadora dun comercio próximo. A muller, de «uns 65 anos», entraba ao garaxe do edificio da rúa Antonio Ríos. Algúns veciños sinalan que «se lle escorregou o pedal do freo», mentres que a maioría teno claro: «Confundiuse e pisou o acelerador».

Lucía Gómez. 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-11-2017 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0