Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O magosto

En Galicia, o outono continúa sendo tempo de celebracións. Despois do Samaín  chega a festa máis popular do outono galego, O Magosto.

Falar do magosto é falar de Ourense. Na capital das Burgas o outono queda inaugurado cando o cheiro a castañas asadas inunda o aire das rúas e o crepitar das brasas convértese na súa banda sonora. Non hai barrio no que non se organice un magosto popular, nin grupo de amigos que se quede sen gozar desta festa. De feito, dende o 2008, na cidade das Burgas, esta festa de interese turístico de Galicia, coincide coa celebración do San Martiño, patrón da cidade.

O magosto pode verse como unha celebración na que se exalta a castaña, e así é, pero a festa do magosto como tal é respecto polo rural, agradecemento pola colleita, lume, viño, amizade, diversión e tradición. O magosto celebra a vida despois de honrar á morte no día de Todos os Santos.

Nesta festa sempre hai tradicións que non poden faltar, como as castañas asadas , que xa os romanos introduciron na dieta dos galegos e que
agora son o produto estrela e por iso as protagonistas por excelencia da celebración. Pero o menú tamén conta con chourizos do país e viño tinto da nova colleita.

O lume tamén está presente na celebración pois ademais de ser un símbolo purificador, invita a compartir historias, contos e bo humor. Ademais,
pintarse a cara co carbón é unha das sinais de que a xente o pasou moi ben.

E outra parte do ritual que envolve esta celebración é o contacto coa natureza así como celebrala en boa compañía. Pois esta é unha festa que invita especialmente a reunirse cos amigos de sempre, coa familia ou con calquera
persoa que teña ganas de pasalo ben.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-11-2017 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0