Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha semana despois do horror

Hoxe, domingo 12 de novembro, cúmprese unha semana da que chamaron "A matanza de Texas. Ocurriu o domingo pasado: Devin Patrick Kelley, asasino de só vinteseis anos, entrou na única igrexa bautista de Sutherland Springs, en Texas, e comezou un tiroteo que deixou ao seu paso un total de vinteseis mortos, dos cales oito eran menores de idade.

O asasino utilizou un fusil, do que deixou quince cartuchos baleiros ao seu paso. Dous testigos do tiroteo que conseguiron escapar da igrexa con vida, contan que o agresor avanzou polo pasillo central do lugar disparando sen dubidar a todas as persoas que se atopaban no lugar, incluíndo bebés e unha muller embarazada.

Tratando de obter información sobre o suceso, descubriron a historia do home que sementou o terror nesta vila texana. Resulta, que foi internado nun centro de saúde mental, do que escapou ao poco de ser internado nel. Tamén saíron a luz declaracións que aseguraban que este home maltratou á súa muller e ao seu fillo, chegando a fracturarlle o cráneo a este.

Tras un intento da fuxida, morreu dun disparo propinado por si mesmo, e fontes cercanas aseguran que isto puido ser desencadeado por unha disputa coa súa sogra.

Mª José León Fernández-Reyes 4ºB

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-11-2017 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0