Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTRABANDO DE TABACO EN OURENSE

O contrabando de tabaco rexorde de novo na provincia, pero agora non é introducido desde Portugal, colócano no mercado negro desde Xibraltar, Andorra, Illas Canarias e China.
E o negocio está en alza, dado que na provincia, segundo os datos dos axentes, move máis de 500.000 euros cada ano.
O incremento atribúenllo, por unha banda, á situación de crise económica, e por outro, á subida dos paquetes de tabaco que se pode adquirir de forma legal en negocios autorizados.
E ao parecer, cada vez aparecen máis lugares nos que se pode comprar un paquete de tabaco de contrabando. A crise tamén incrementou o número de vendedores, nalgúns casos xentes que quedaron sen traballo e atoparon unha forma de gañarse a vida, ofrecéndoo a persoas particulares na rúa e a negocios de hostalaría ou tendas.
As forzas de seguridade incrementaron a vixilancia e combaten a venda de tabaco ilegal en colaboración cos axentes da Axencia Tributaria, a principal prexudicada polo contrabando.
Os axentes realizan "batidas" de forma esporádica e por sorpresa cada pouco tempo en locais que ten máquinas expendedoras de tabaco ou naqueles negocios, que non teñen máquinas, pero si venden paquetes.
A Garda Civil e Policía Autonómica tamén extremaron os controis na estrada co obxectivo de interceptar transportes de tabaco ilegal.
ALBA LOSADA ÁLVAREZ 1º BACHARELATO
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2017 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Votre blog est simplement génial. J'y ai découvert de superbes i#blgtk08#mages, signatures, citations. Je ne ma lasse pas de le regarder.
Comentario por voyance par mail gratuite (07-11-2017 15:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0