Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A muller que vive nas Escravas amplía o seu campamento para pasar o inverno

«Non chove dentro, púxenlle teito», explicou sobre o refuxio que construíu debaixo dun arbusto con plásticos e paraugas.

Mercedes, a muller que desde hai dous meses vive debaixo dunha árbore no xardín situado entre a igrexa das Escravas e o mar, hase pertrechado para pasar o inverno á intemperie. «Non chove dentro, púxenlle teito», explicou onte mentres fregaba uns cacharros na entrada do abrigo que improvisou con plásticos e paraugas debaixo dun arbusto. A muller volveu declinar a axuda. Como fixo en setembro, cando se instalou ao pé dun dos metrosideros que flanquean o paseo de Riazor e rexeitou todos os ofrecementos que lle brindaron os servizos sociais do Concello e Pai Rubinos, Mercedes asegurou que se atopa ben, que non necesita máis que o que ten, que non pasa frío e que ninguén a molesta. Acababa para comer empanada e tortilla, segundo dixo, levaba postas unhas chancletas e estaba ocupada ordenando as súas cousas, entre elas, varios recipientes de plástico, bolsas, xornais e un vaso cheo de flores. Durante estas semanas veciños do barrio ofrecéronlle roupa e alimentos, que non aceptou, e un home que afai sentar nun banco pegado á igrexa apuntou que días atrás recibiu a visita dun familiar que tratou de convencela, sen éxito, para que abandonase o lugar. Antes de acampar, Mercedes adoitaba pasar horas nun dos bancos da chaira con vistas á baía. Un día decidiu quedar, deixou a habitación onde vivía e alí segue.O alcalde, Xulio Ferreiro, explicou hai unhas semanas que os Servizos Sociais do Concello ofrecéranlle axuda, pero que a rexeitaba e que non podían obrigala a aceptala.
Lucía Lopez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2017 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0