Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Médicos interinos reprochan a Sanidade que Galicia sexa a "última" en ter interlocutor policial frente a agresións
A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) reprochou este venres á Consellería de Sanidade que a Comunidade galega sexa a "última" en contar coa figura do interlocutor policial fronte ás agresións a persoal sanitario.
Nun comunicado de prensa, Asmig lamentou que "Galicia foi a última Comunidade Autónoma de España en anunciar esta medida e fíxoo de mala gana, tarde, mal e a rastro, sen convencemento e obrigada pola inercia do resto do Estado".
Neste sentido, Asmig explica que desenvolveu nos últimos meses "unha intensa campaña de denuncia acerca da reiteración de actos de violencia física e verbal contra médicos e enfermeiros en Galicia, que alcanzan xa a cifra de 174 agresións no primeiro semestre deste ano, superando as 172 agresións denunciadas en todo o ano 2016."
"De manterse o mesmo nivel de violencia, ao finalizar 2017 poderían contabilizarse o dobre de agresións que en 2016. Estes datos están absolutamente contrastados e deixan en evidencia a absoluta indolencia do Sergas á hora de defender aos seus profesionais", sostén a asociación.
Por iso, Asmig suxire ao Sergas "que os seus propios servizos xurídicos apoien todas as denuncias presentadas e que sexan os propios avogados da empresa quen presenten as denuncias en nome dos seus traballadores nas comisarías de Policía e Garda Civil".
"De momento, tan só atópase certo apoio nos casos de agresións físicas graves. É neste primeiro nivel onde o Sergas debe mellorar as súas prestacións, sen botar balóns fose e descargando toda a política de seguridade nuns supostos 'super policías' cun protocolo que nin sequera foi elaborado. A caridade ben entendida empeza por un mesmo", expón a asociación.
Ademais, Asmig felicítase polo "compromiso xa manifestado" polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, "acerca de estender a todos os profesionais sanitarios o disposto no artigo 43 da vixente Lei de Saúde", que, lembra a asociación, "impón multas elevadas por este tipo de agresións, pero que ata o momento unicamente protexían ás autoridades e os seus axentes, establecendo unha intolerable discriminación que deixaba a médicos e enfermeiros no medio de ningún sitio".


Belén González Pérez 2ºBacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-11-2017 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0