Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

?The Rebel?, a primeira ópera folk-rock feita en Galicia, chega aos cines
A vindeira semana iniciarase na Coruña a proxección en cines de The Rebel (O rebelde), calificada como a primera ópera folk-rock creada en Galicia. Este espectáculo conta a historia de Pádraig Pearse e o alzamento de Pascua en Irlanda en 1916.

Con The Rebel (O rebelde) ponse en marcha un proxecto único e multidisciplinar no que están implicados artistas e profesionais da música, o teatro, o cine, as artes gráficas e a creatividade dixital.

Cunha duración de 72 minutos, a ópera representa parte da vida do poeta, mestre e avogado Pádraig Pearse, interpretado por Fernando Dacosta, posuidor de tres premios de teatro María Casares.

O seu personaxe interactúa co público nas pezas teatrais, dirixidas por Elena Seijo, integrante de Sarabela Teatro. Interveñen tamén na obra Javier Octavio de Toledo, Mela Casal, Iván Caride ou as bailarinas do grupo Irish Treble, entre un amplo cadro de profesionais.

?The Rebel? estrearase na Coruña e proxectarase noutras cinco cidades galegas
En 2016, con motivo do centenario do alzamiento de Pascua en Irlanda, Iván e Miguel Caride desenrolan a primeira ópera folk-rock feita en Galicia. Contan para este fin con Óscar Doviso na dirección cinematográfica.

Por entón estréase no Ourense International Film Festival a curtametraxe O rebelde, que narra cunhas pinceladas a figura de Pádraig Pearse. Actualmente, está seleccionada para a edición deste ano do festival Primavera do Cine.

A rodaxe da curtametraxe foi feita íntegramente en Galicia, concretamente no mosteiro de Oseira, na costa de Loiba e en Goiáns, emulando as paisaxes e localizacións de Irlanda e París de comezos de século.









Candela Fernández del Pon, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-04-2017 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0