Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Por que herdar un oficio?
Perder o nome de pila é a primeira consecuencia de seguir os pasos profesionais dun proxenitor. Non importa o que diga o teu DNI. Todos che coñecerán como o «o fillo de fulano, que tamén é médico, ou dentista ou mecánico». Un referente familiar ha deixado o listón a un nivel e o que lle segue ten a presión de saltalo. Esta realidade ten unha dobre lectura. Ou múltiple, porque hai tantas reaccións como persoas. Pero simplificando, para algúns actúa de repelente e para outros de motivación. «Gran parte do meu traballo consiste en reorientar laboralmente a persoas que seguiron unha liña familiar que non lles conecta co seu talento», explica Ainhoa Mallo, directora de Cowalking Coach.Continuar cun negocio xa en marcha é unha das razóns máis comúns para recoller a testemuña. Noutras ocasións pesa o sentimento. «A herdanza de pais a fillos é máis común nas profesións vocacionais, as que se deben exercer con paixón, porque o proxenitor transmite esa paixón aos seus fillos», explica Jesús Labrador, director do máster en Recursos Humanos de ICADE Business School. No primeiro caso, se parte dun patrimonio, garantía de futuro. No segundo, se parte dun apelido e moitos contactos. Pero non todo son vantaxes.
Se se entra na empresa familiar, a relación laboral está máis exposta aos conflitos. «De inicio, é máis complicada», explica Jesús, «aínda que hai moitos casos de empresas familiares de éxito». Se non hai empresa familiar, o legado pode ser unha laxa. «Cando o pai ou a nai foi unha figura moi relevante, o aspirante ten as expectativas moi altas», explica Jesús. En opinión de Ainhoa, «a presión interna pode ser brutal».Á parede psicolóxica únese a legal, porque hai empresas con regulacións internas que prohiben a contratación de persoas da mesma familia. Certo é, que en moitas outras, o común son os currículos referenciados, se é a un familiar, mellor. «Se nos chega referenciado entrevistámolos a todos por cortesía, pero teñen as mesmas oportunidades que o resto», asegura Iria Roade, que traballa en Recursos Humanos nunha empresa de telecomunicacións.O que hai 30 anos era o habitual, hoxe diminúe. «Cada vez máis fillos sepáranse das profesións dos seus pais», explica Ainhoa. Agora hai máis opcións, e nese universo de posibilidades herdar a profesión é sinxelo. A vocación, non tanto.












José Javier Nieto Blanco, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-04-2017 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0