 A Consellería de Cultura celebrará este 17 de maio no Gaiás o Día das Letras Galegas, dedicado a Carlos Casares, co espectáculo 'Cantos de Poeta', de Gelria.
O trío formado por Elena Tarrats, Federico Mosquera e Mario G. Cortizo porá en escena en Santiago o seu libro-disco 'Cantos de Poeta', unha experiencia cultural e un percorrido histórico por Galicia a través dos seus principais poetas e versos.
Sons tradicionais e de raíz, jazz, clásicos e contemporáneos servirán de base para esta antoloxía musicada da poesía galega que incluirá novas cancións como 'Amemos', feita a partir do poema homónimo de Carlos Casares.
Xunto coa música e os versos, 'Cantos de poeta' conta cunha coidada escenografía e con voces en off para guiar ao espectador nesta viaxe polas letras galegas. Ademais, nesta ocasión, Gelria contará coa presenza do músico Pablo Pérez Sanmamed, coñecido por ser o director musical da Banda Crebisnky.
O concerto de Gelria terá lugar o propio 17 de maio a partir das 13,00 horas na Sala Einsenman da Cidade da Cultura e a entrada será libre ata completar o aforamento. Tras o concerto, seguirase celebrando o Día das Letras nun vermú literario cortesía de Petroni.
Iria Álvarez Prieto, 1ºBac.
|