Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A carreira 'Camiño das Letras' convida a gozar o 14 de Maio a través do deporte
A Cidade da Cultura será este ano a meta da carreira 'Camiño das Letras', iniciativa de Xurdir e a Consellería de Cultura e Educación que une a práctica deportiva, a literatura e a lingua galega á ruta Xacobea para celebrar o 14 de maio.

Trátase do IV edición desta carreira, que se celebrará o domingo 14 de maio, saíndo do Pico Sacro en Boqueixón e que percorrerá a Ruta da Prata ata os exteriores do complexo do Gaiás. Ademais haberá un circuíto para categorías menores nestas instalacións.

Os participantes que logren finalizar a proba recibirán como regalo un libro e un diploma acreditativo, e haberá diversos premios para os vencedores. O tres primeiros clasificados conseguirán un trofeo e un lote de libros, ademais de galardóns para outras categorías.

As inscricións permanecerán abertas ata o próximo 10 de maio, a través da páxina web 'www.emesports.es', e a propia web 'lingua.gal' ofrecerá diversos materiais sobre a proba, como un cartel, un vídeo do físico Jorge Mira animando a participar e un audiovisual de presentación con experiencias de anteriores edicións.

Este ano, a cita enmárcase na a programación especial de conmemoración da figura de Carlos Casares, destacado narrador e intelectual homenaxeado no Día das Letras Galegas por parte da Real Academia Galega.













Lucía Gómez Cibeira, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-04-2017 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0