Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O abandono escolar prematuro en Cataluña é do 17,8%

O abandono escolar prematuro cae, por primeira vez en Cataluña, por baixo do 18%. Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA), a porcentaxe de abandono na comunidade no primeiro trimestre de 2017 é do 17,8%, 0,6 puntos menos que no mesmo período do ano anterior. Cataluña mantense por baixo da media española, que está no 18,5%.

Con todo, os estudantes cataláns que abandonan os estudos sen completar a segunda etapa da educación secundaria (bacharelato) e non seguen ningún tipo de educación ou formación (ciclos medios ou cursos de formación non regrada, por exemplo), deixan a Cataluña como a novena comunidade autónoma coa porcentaxe máis alta de abandono.

A comunidade aínda está moi lonxe do 7,3% de abandono que ten o País Vasco ou o 8,6% de Cantabria.

Con todo, a comunidade mantén a súa tendencia a baixa e logrou reducir o abandono escolar do 22% en 2014 ao 18% en 2016.

Segundo o Ministerio de Educación, as porcentaxes de abandono máis alto están nas illas Baleares (27%) e a Región de Murcia (26,5%).






Laura Feijoó González, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-04-2017 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0