 A organización analiza nun informe as condicións de vida e os efectos da crise na infancia
Un 47,7% dos nenos atendidos por Cruz Vermella en Galicia afirma non ter suficiente diñeiro para vivir ben, segundo despréndese do estudo realizado pola organización sobre 'A situación da infancia en vulnerabilidade social en Galicia', no que se analizan as condicións de vida e os efectos da crise na infancia.É a primeira vez que a Organización elabora un estudo centrado na poboación infantil á que atende en Galicia. En concreto, levouse a cabo con nenos, 8 a 14 anos, que participan no proxecto de promoción do éxito escolar.A finalidade deste boletín foi poder analizar as condicións de vida e os efectos da crise na infancia e as familias máis vulnerables. O informe foi presentado este martes pola presidenta autonómica de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro; xunto coa directora de Estudos e Innovación Social de Cruz Vermella Española, Estrella Rodríguez, e Jessica Núñez, coordinadora de Cruz Vermella Mocidade en Galicia.O estudo, co que a organización dá a coñecer a situación da infancia en Galicia, deixa algúns datos significativos en canto aos efectos da crise nas familias, e por conseguinte tamén nos menores.Con respecto ás dificultades económicas, o 60,8% dos nenos relacionan a crise co desemprego e un 47,7 por cento con non ter suficiente diñeiro para vivir ben. Ademais, o 40% destaca que ningunha das persoas adultas coas que convive ten un emprego estable de polo menos 20 horas á semana.
Anxela Pérez Fernández, 1º Bac |