Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense perde 100000 habitantes en 30 anos

A sangría poboacional en Ourense parece non ter fin. De feito, segundo os datos oficiais que onte fixo públicos o Instituto Nacional de Estatística (INE) no seu censo poboacional, é unha das catro provincias españolas que perderon poboación na última década. Nese período de tempo, Ourense pasou de ter 338.000 a 328.000 habitantes, o que supón un descenso do 2,9 %. Tan só, Zamora perdeu nese mesmo período máis habitantes que a provincia ourensá. Trátase dunha evolución que non ten freo, xa que o informe estatístico que lanza cada dez anos o INE permite observar que a perda de poboación foi maior en décadas anteriores. Así, en 1995, Ourense tiña 353.000 habitantes e en 1985 430.000, o que supón ata cen mil máis que a finais do 2015.

A segunda conclusión que se extrae do estudo do INE é que Ourense é a provincia española que ten a poboación máis envellecida. De acordo cos datos oficiais, a medida de idade na provincia sitúase nos 49 anos. Sitúase catro anos por encima da media galega.
De feito, unha análise da poboación por grupos de idade mostra que o maior peso relativo de poboación atópase na franxa de idade entre os 40 e os 64 anos, á vez que se reduce nos mozos.
As previsións de futuro non son máis halagüeñas, xa que o INE vaticina que a provincia ourensá perderá máis de 22.000 habitantes nos próximos dez anos. De ser así confirmaríase a tendencia das últimas décadas.

Ourense é a provincia española coa poboación máis envellecida.
Lucas Rodríguez Cancio
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-04-2017 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0