 A maioría dos europeos que piratean non o fan por gusto, senón por motivos económicos, ou polo menos así se desprende do último estudo da Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea (EUIPO).
Os mozos da UE son, os que máis piratean e quen impulsan a evolución cara ao pago polos contidos en liña, segundo un estudo para o que se entrevistou a 26.555 europeos maiores de 15 anos. Aínda que o 27% dos enquisados entre 15 e 24 anos recoñeceron consumir cultura en liña de forma ilegal un 1% máis que no último estudo, de 2013, o 41% dos consultados desta franxa de idade tamén pagaron por iso na internet, oito puntos máis que fai catro anos. Esta tendencia crece e é máis pronunciada entre os homes (32%), os que contan cun alto nivel de estudos (32%) e quen vive en grandes cidades (30%).
A crecente concienciación da sociedade respecto da piratería dixital, con todo, contrasta coa dramática situación que describe ano tras ano o informe do Observatorio da Piratería, que na súa última edición denunciou que o 87,48% dos contidos consumidos online en España en 2015 foron piratas. Esta aparente contradición pode ser razoable, segundo Berenguer, que asegura que o avance no recoñecemento social da propiedade intelectual non impediu que a piratería descenda, porque a xente acode a ela se non hai unha oferta legal razoable. As limitacións segundo o territorio que impoñen plataformas de contido son ademais dos prezos elevados, outro dos motivos que levan á xente para utilizar fontes ilegais, segundo o portavoz de EUIPO.
Laura Feijoó González, 1ºBac.
|