Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Crónica do narcotráfico: desde Haití, pasando por Miami con destino O Barco de Valdeorras |
|
Un home con antecedentes penais acusado de organizar o envío de cocaína de Haití, vía Miami (EE.UU.), á localidade ourensá do Barco de Valdeorras, podería ser condenado a cinco anos de prisión, unha multa de 440.000 euros e a expulsión de España, segundo a petición da Fiscalía divulgada hoxe, ante a vista oral do xuízo convocada para a próxima semana. Segundo o auto remitido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na causa están tamén outras tres persoas acusadas de recibir os paquetes, entre elas a súa irmá, para quen a Fiscalía rebaixou a dous anos e sete meses de prisión, tras a súa confesión, e unha multa de 46.000 euros. Para os outros dous acusados, a Fiscalía reclama penas de tres anos e 3 meses de prisión e multa de 100.000 euros para cada un. A vista oral do xuízo contra o acusado, identificado coas iniciais B.A.M., en prisión desde o 3 de abril do ano pasado, está previsto na Audiencia provincial de Ourense o próximo 30 de marzo. En xaneiro de 2016 a unidade de Vixilancia Aduaneira de Ourense iniciou a investigación alertada polas autoridades de Estados Unidos de sospeitas da subministración de estupefacientes desde Haití. O Xulgado de instrución número un do Barco, encargado da investigación xudicial, autorizou a entrega vixiada de varios paquetes postais aos sospeitosos para constatar se eran coñecedoras dos envíos. Algúns dos envíos eran paquetes que contiñan no seu interior paquetes de cocaína, cuxo valor no mercado ilícito ascendería a máis de 42.000 euros cada un, segundo as autoridades. A Fiscalía considera que o principal acusado, identificado coas iniciais B.A.M., encargábase de conseguir as sustancias estupefacientes desde Haití e envialas a persoas da súa confianza residentes no Barco. A parella sentimental do principal acusado, identificada como menor de idade, tamén receptora dun paquete que contiña catro bolsas con cocaína de valor no mercado ilícito de 42.000 euros, está a ser investigada pola Fiscalía de Menores.
Iria Padrón 2º Bach A |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|