 O libro 100 anos de TBO. A revista que deu nome aos cómics (Edicións B) penétrase nas reviravoltas desta mítica publicación. Un dos descubrimentos que se inclúe no volume é a data da primeira publicación, precisamente a que se ha conmemorou onte, venres 10 de marzo: a cifra baila entre o domingo 11 de marzo de 1917 e o sábado 17 de marzo do mesmo ano, xa que a redacción dicía que fora o 17 pero atoparon un texto que di que foi o 11. «Isto contradíse con outro anuncio que atopamos que anima aos lectores a comprar a revista o sábado: si foi así, non podía ser o domingo 11 de marzo. Ademais, como o texto é humorístico, temos que relativizarlo», declarou o autor do libro, Antoni Guiral, segundo Europa Press.
Para redactar o volume, Guiral contou coa colaboración de Lluís Giralt, que formou parte do TBO e encargouse de analizalo páxina a páxina: «Fíxenlle a autopsia, abrino en canle e atopamos cousas das que ata agora non nos demos conta», describiu Giralt. Con este método tamén descubriron, por exemplo, que a soada familia Ulises foi creada un ano antes -1944- do que se cría baixo outro nome> acharon o documento orixinal dunha das historietas da familia na que levantando unha capa posta para corrixir o nome, descubriron que inicialmente puña Hilarión. Esta familia foi unha das creacións máis populares do debuxante Josep María Blanco , que confesou que co libro descubriu cousas que non sabía, como a existencia dun permiso especial para debuxar á familia Ulises.
Lucía Vázquez Nóvoa, 2ºB de Bacharelato. |