Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Feijóo destaca que a rehabilitación do Castelo de Pambre contribuirá a engrandecer os Camiños de Santiago
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a rehabilitación do Castelo de Pambre, en Palas de Rei (Lugo), contribuirá a engrandecer os camiños de Santiago, ao erixilo no "monumento máis representativo da comarca da Ulloa".

É, resaltou durante unha visita este venres, "un dos poucos exemplos de arquitectura militar da Idade Media" que se conserva en Galicia.

Neste sentido, considerou que actuacións como a súa rehabilitación reforzan o potencial do Camiño para que 2017 volva ser un ano marca de peregrinos como foi 2016 e para preparar o Ano Santo Xacobeo 2021. "Esperemos, o mellor Ano Santo da historia", proclamou.

Feijóo lembrou que a Xunta comprou en 2011 esta torre, coa finalidade de non deixar caer un elemento importante do patrimonio da comunidade, e iniciou o proxecto de rehabilitación.

Ademais da restauración dos muros do recinto fortificado, o traballo dos arqueólogos permitiu coñecer elementos da fortaleza como o alxibe ou varias tumbas anexas á capela máis antiga que o castelo.

"Tamén se recuperou a calzada de pedra que levaba á entrada principal e rehabilitouse a zona residencial", segundo reivindicou o titular do Goberno galego.

Así mesmo, resaltou a creación dun centro de interpretación que ofrece unha proxección multimedia, ilustra a importancia histórica deste edificio, ofrece un percorrido pola Idade Media en Galicia e repasa as vicisitudes polas que pasou o castelo.

Nese obxectivo de reforzar o potencial do Camiño, o xefe do Executivo autonómico referiuse a outras intervencións no Pazo de Xelmírez, o Obradoiro, Carretas, Casa Pasarín e o castelo de Monterrei.

Despois, Feijóo percorreu as instalacións de JIM Sports, unha das maiores empresas de España en venda de material deportivo, que exporta a máis de 30 países e que ampliou a súa presenza no parque empresarial de Palas coa axuda do programa de bonificación de solo industrial da Xunta.


Selena González Rodríguez, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-03-2017 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0