Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«O noso é un videoxogo no que non hai que matar a ninguén.»
Un videoxogo no que non hai que matar a ninguén, onde a música che mece por paisaxes relaxantes e o protagonista é un mozo que vela polo benestar do bosque, quizais non sexa a idea máis comercial que se lles podía ocorrer aos tres vigueses que están detrás da creación de Saucer-Like. Pero non é que non o soubesen, senón que o seu obxectivo era outro cando o produtor Rubén Romeu, o animador José Garnelo e o programador Nicolás Casal puxéronse ao choio como o proxecto máis ambicioso da súa editorial, Fosfatina. «Buscabamos a credibilidade que che outorga realizar este proceso completo, creo que con moita solvencia ao tratarse do noso primeiro proxecto, asegura Garnelo, que, ademais de creador audiovisual, é o músico que está detrás de Pálida, o seu proxecto de música electrónica. Na súa outra faceta, o vigués é o responsable da estética da aventura gráfica old school que, tras centos de horas de traballo artesanal, estará dispoñible a partir do 5 de abril, día en que sairá á venda a través da plataforma online Steam. Saucer-Like é un videoxogo de corte clásico, adxectivo que neste tipo de obras remite a mediados dos anos 90. Presentárono fai ano e medio no certame New Media3DWire, pero desde entón seguiron axustándoo ata dar co que querían.


Cristina Rey Pérez, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-03-2017 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0