Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Historia e ficción sobre o Reino de Galiza
A semana pasada remataba a primeira e única temporada de O final do Camiño, a maior produción audiovisual sobre a historia de Galiza. Chegou até dous millóns de espectadores en España e máis de 150.000 en Galiza, que viron na súa escena final [atención, spoiler] como Xelmírez coroaba un rei galego na catedral. Deixamos un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 237.

Vinte e cinco anos de autonomía despois, estreábase o pasado xaneiro o primeiro produto de ficción baseado na historia de Galiza. E facíase cunha produción de Voz Audiovisual, dirixido tamén ao público español, dado que os oito capítulos se emitiron de forma case simultánea en TVE e na TVG.

Con moitos exteriores, escenas de batallas e os necesarios efectos dixitais para representar as cidades da época, só cun orzamento cumprido se podía abordar unha produción deste estilo. Pero a historia de Galiza só interesou aquí. Os dados de audiencia no Estado foron discretos: comezou nun 13% o primeiro capítulo e rematou cun cativo 7%.

Porén, o reino de Galiza e a construción da catedral si que interesou no mercado interior: empezou cun 34,4% de share (sumando os dados de TVE e TVG) e rematou nun 26,9%. Iso si, con mellores dados para TVE, cunha media de 14,59%, que para a TVG, onde acadou case o 10%. E dúas posíbeis razóns a favor da primeira: a versión orixinal en español e o HD.







Candela Fernández del Pon, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-03-2017 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0