Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis de 120 policías protexen a 1.300 mulleres galegas maltratadas
Todos os corpos de seguridade teñen unidades especiais dedicadas a violencia doméstica

A creación de unidades especiais dedicadas á protección das vítimas e á investigación dos delitos relacionados coa violencia doméstica é unha das medidas que se puxeron en marcha nos últimos anos para loitar contra esta secuela que nos 70 días transcorridos deste ano cobrouse a vida de vinte mulleres en España, dúas delas en Galicia. Os xulgados ditaron o ano pasado 1.134 medidas e ordes de protección de cuxo cumprimento se encargan os corpos de seguridade do Estado.

Na comunidade, algo máis de 120 axentes da Garda Civil e das policías Nacional, Autonómica e Local integran estes equipos dedicados de forma exclusiva e durante as 24 horas do día os 365 días do ano á protección das vítimas de violencia machista. Isto non significa, en ningún caso, que os demais axentes das forzas de seguridade non interveñan en casos de agresións machistas. Ao contrario, calquera policía ou garda civil pode actuar ante un delito deste tipo, e non só iso, senón que en ocasións apoian aos equipos contra a violencia machista, fundamentalmente en labores de protección das vítimas.





Carlos Sánchez Cao, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-03-2017 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0