Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A NASA publica as primeiras imaxes reais do novo sistema solar descuberto
As imaxes parecen sacadas dun videoxogo dos anos oitenta. Pero foron captadas polo telescopio espacial Kepler, da NASA, e teñen mérito se se pensa que a luz que captou procede dunha estrela moi tenue situada a 40 anos luz da Terra. Trátase de Trappist-1, a estrela en cuxo contorna astrónomos belgas detectaron a presenza de sete planetas de tamaño similar á Terra e que poderían ter auga en superficie.

A imaxe apenas ten 120 píxels. Cada un representa a cantidade de luz recibida por unha pequena fracción da cámara principal do telescopio. No centro destaca Trappist-1, unha estrela anana vermella tenue e afastada. O interesante é que Kepler foi capaz de detectar cambios de brillo que os astrónomos achacaron á presenza de ata sete planetas.

Estes apenas son cambios do un por cento, e non son visibles polo ollo espido. Pero a través de sofisticados algoritmos, os científicos poden medilos. Xunto a estes, son necesarios outras operacións matemáticas para compensar os lixeiros movementos do telescopio no espazo, o que é moi necesario cando se quere enfocar a algo que está a unha distancia tan extremadamente enorme. Por iso, os píxeles da contorna parpadean.

Recentemente, a NASA fixo públicos os últimos datos recolleitos polo telescopio espacial Kepler entre o 15 de decembro de 2016 e o 4 de marzo deste ano. En total, recolléronse 74 días de observacións continuas, e espérase que toda esa información sexa procesada nos próximos meses e que resulte moi interesante para que os astrónomos poidan organizar próximas campañas de observación, que serán levadas a cabo por grandes telescopios terrestres e polo potente telescopio espacial James Webb, que se lanzará ao espazo o ano que vén.

Espérase que nos próximos meses se publíquen novos datos sobre a actividade de Trappist-1 e sobre as órbitas e as masas dos planetas da súa contorna. Nun prazo duns cinco anos, os científicos da NASA máis optimistas anunciaron que quizais poderían analizarse as atmosferas dalgúns dos sete exoplanetas recentemente descubertos. Isto sería moi interesante no marco da procura de vida e inauguraría unha nova etapa na astronomía na que se podría explorar a natureza dos planetas máis aló do Sistema Solar.

Os cálculos dos astrónomos establecen que máis do 75 por cento das estrelas da Vía Láctea, dun total duns 100.000 millóns, son ananas vermellas. Se é frecuente que estas teñan tantos planetas como Trappist-1, o número de exoplanetas que quizais poderían ter auga en superficie sería xigantesco.





Sara Araújo Sánchez, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-03-2017 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0