 As manifestacións plasman a división entre as plataformas en defensa do ensino da comunidade galega, que protestaron separadas
Miles de alumnos e profesores saíron á rúa este xoves en toda Galicia como parte dunha xornada de loita en todo o Estado, no marco da primeira folga xeral no ensino convocada este ano en contra da Lomce e a continuidade dos recortes no sistema educativo.
A folga rexistrou datos desiguais de seguimento entre os achegados pola Consellería de Educación e os facilitados polos sindicatos de profesorado.
A Xunta asegurou que un 11,42 por cento do profesorado acudiu á folga nos centros públicos, mentres que un 0,39 por cento fíxoo nos concertados. Con todo, UXT elevou a participación ao 63 por cento dos docentes.
Así mesmo, a Plataforma galega en Defensa do Ensino Público e o sindicado Erguer! destacaron que entre o 80 e o 90 por cento do alumnado galego apoiou a folga xeral convocada este xoves.
Lucía Gómez Cibeira, 1ºBac. |