 A santanderina, aos seus 37 anos, cazou a prata nos Europeos de pista cuberta de Belgrado, onde se topou cunha intratable figura incipiente: a lituana Palsyte, que voou ata 2,01.
Ruth quedou en 1,94 para alcanzar a súa 15ª medalla nun gran campionato, a sexta nos Europeos indoor, nos que se converteu na mellor saltadora de altura da cita, superando ao mito Stefka Kostadinova (cinco podios). Beitia tamén é a española con máis medallas en continentais indoor.
Con Ruth hai para escribir unha enciclopedia e cada vez faise máis longa a visita ao Museo Cántabro do Deporte, onde residen os seus 15 tesouros.
A estratexia de competición de Ruth foi a de sempre. Poucos saltos, pero de calidade. E así franqueó á primeira 1,85, 1,92 e 1,94. Coa súa carreira reinventada neste 2017, de lanzada e non de parada como antes. Mentres, case todas as súas rivais íanse desangrando en nulos excepto Palsyte, que lle seguía o xogo con brincos sobrados de forza. Cando chegou o 1,96, o podio para Ruth xa estaba asegurado.
Ruth Beitia, que lle dedicou a 15ª medalla ao seu irmán e a Raúl Chapado, abre o medalleiro para España nestes Europeos indoor de Belgrado, pero xa está a mirar a outro reto: os Mundiais ao aire libre de Londres. Xa estou a mirar cara alí e oxalá veña outra medalla. Vou a por a 16º e espero que haxa unha 17º e a 18º. É infinita, poderá facer os que se propoña.
Laura Feijoó González, 1ºBac. |