Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un novo Hotel San Martín


O Gran Hotel San Martín encara unha nova etapa. Tras a súa venda hai algunhas semanas a unha empresa ourensá, o emblemático catro estrelas será en breve obxecto dunha ampla remodelación necesaria para afrontar unha xestión competitiva para os próximos anos. Así, o establecemento -que viviu dous anos convulsos debido aos problemas económicos que tiña, e que logrou superar o concurso de acredores- será en apenas unhas semanas obxecto dunha reforma integral coa que se pretende volver situalo como un referente do sector turístico na provincia.Iso si, descártase que os traballos, que perseguen achegar un aire moderno ao edificio, obriguen a pechar a instalación, que seguirá aberta ao público durante o tempo que duren as obras. As noventa habitacións das que dispón o hotel, situado no céntrico parque de San Lázaro da capital, iranse reformando por partes coa intención de que sempre haxa dispoñibilidade para os clientes que desexen aloxarse alí. Iso é algo fundamental tendo en conta as datas do ano nas que nos atopamos e o previsible incremento de demanda para os meses de verán. Así mesmo, prevese que a fachada do hotel, situado no edificio de La Torre, tamén sexa reformada, un extremo para o que parece xa existir consenso entre a comunidade de propietarios, que xa cobrou os 300.000 euros de atrasos que se debían por parte do complexo.

Sara González Belloso, 4º E.S.O. - B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-03-2017 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0