Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A oscilación térmica chegou aos 26ºC na cidade
As altas temperaturas para esta época do ano que trouxo o potente anticiclón instalado sobre a Península para mediados de semana, con valores que chegaron aos 30 graos na cidade no día de onte, retornan hoxe a valores máis normais, os propios da antesala da primavera. De feito, segundo a previsión de Meteogalicia, os termómetros non pasarán os 22 graos en Ourense con 9 de mínima. Mesmo baralla a posibilidade de neve en zonas de montaña para a tarde do domingo a partir dos 1.000 metros. De feito, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) lanzou un aviso de nivel amarelo por precipitacións en forma de neve na montaña. As altas presións moveranse a partir de hoxe cara ao sur, permitindo a chegada dunha fronte pouca activa, o que se traducirá en que as temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán entre moderada e notablemente. A oscilación térmica ao longo da xornada de onte foi significativa. Na cidade, ata 26 graos con 4 graos centígrados de mínima e 30 de máxima, aínda que aínda foi máis acusada en Verín, con 0 graos ás oito da mañá e os 27 alcanzados á primeira hora da tarde. A estación que rexistrou o valor máis alto en toda Galicia foi por segundo día consecutivo a de Remuíño, en Arnoia, con 31,2 graos. A calor tamén se fixo patente na cidade onde as ribeiras do río Miño enchéronse de xente desexosa de sol e aire libre. Pola súa banda, as terrazas urbanas dos establecementos hostaleiros estiveron cheas ata ben entrada a noite.

Nuria Vázquez, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-03-2017 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0