Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Así naceu Help Flash.
É de noite, chove, e a estrada non está iluminada. O temporal derrubou unha árbore sobre a estrada e o vehículo queda atrapado. O protocolo de Tráfico (poñer o chaleco, saír do coche e sinalizar avaría) leva unha media de 8 minutos e moito risco. Pero sacar da guantera a luz de emerxencia Help Flash, patentada pola start up viguesa Netun Solutions, e adherila magnéticamente ao teito do vehículo sen necesidade de poñer un pé fóra, apenas uns segundos.

Roberto e Jorge, dous gardas civís de Tráfico que piden anonimato, contan que se lles ocorreu a idea despois de presenciar moitos atropelos de condutores por saír do coche para sinalizar unha avaría.

Así naceu Help Flash, unha pequena luz de emerxencia que funciona cunha pila con que emite uns escintileos visibles ata a un quilómetro de distancia. Actívase cun soporte magnético, e tamén se pode utilizar como lanterna. O proxecto xestouse en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), con sede no Porriño, e con Avata Hispania, que é unha asociación de apoio a vítimas de accidentes de tráfico.


Sara Fernández Fernández, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-03-2017 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0