Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia conmemora a morte de Pondal, o bardo que deixou «unha lingua de ouro».
«Anque humilde non nacín, humilde repousar quero». Eduardo María González-Pondal e Abente (8 de febreiro de 1835-8 de marzo de 1917) pediu que o enterrasen en Ponteceso cun «sayal de Franciscano» e, se non podía ser na súa vila natal, engadía: «Sepultádeme na Coruña, nesta garrida cibdade, que mil belezas aducín». O vindeiro mércores cumpriranse cen anos da morte do autor do himno galego e un dos piares básicos da renovación da lingua literaria. «Déstesme unha lingua de ferro, eu devolvos unha lingua de ouro». Manuel Ferreiro Fernández, catedrático da Universidade da Coruña especializado na obra do bardo bergantiñán, cualifica a Eduardo Pondal como «un dos pais da patria». Un autor é clásico, di, cando «as súas palabras valían para os seus contemporáneos, pero valen tamén para nós, pasen os anos que pasen».

A Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, entidade creada hai a penas unha ducia de anos (2005), preparou cen actos para conmemorar o centenario da morte do bardo, un ambicioso programa no que van colaborar diversas institucións públicas e privadas. Na vella reitoral de Cospindo, onde apareceu a acta bautismal do autor, celebrarase o vindeiro domingo o acto central dos festexos, con pronunciamentos solemnes das autoridades presentes e unha mostra do intenso labor que a entidade desenvolve ao longo do ano. De feito, dende principios do 2017, xa se veñen celebrando covas célticas, presentación de libros e proxectos musicais, encontros escolares e a participación en diversas actividades relacionadas cos outros autores do Rexurdimento, Rosalía de Castro e Curros Enríquez. Co cupón do día 9 a Once recordará a efeméride. Están previstas tamén a publicación dunha escolma poética pondaliana, a cargo de Manuel Ferreiro, e moitas outras iniciativas. Xosé María Varela, xerente da entidade, subliñou que o centenario «é unha conmemoración especial que vai supor a consolidación de determinados proxectos e darlle moita máis visibilidade á figura do autor, á súa obra e á propia fundación para enfrontar novos retos».


Lucía Vázquez Nóvoa, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-03-2017 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0