Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As producións galegas 'Raclette', 'Tartufo' e 'Perplexo' optan a seis candidaturas nos Max de teatro.
As producións teatrais galegas 'Raclette', 'Tartufo' e 'Perplexo' optan a seis candidaturas aos XX Premios MAX das Artes Escénicas 2016-2017, segundo a listaxe que se fixo público este venres, recollido por Europa Press.

O comité organizador dos Premios Max das Artes Escénicas deu a coñecer os candidatos ás 23 categorías a concurso da vixésima edición destes galardóns organizados pola Fundación SGAE cuxo propósito é, segundo indicou, "estimular e premiar o talento dos profesionais do teatro e a danza do noso país, ademais da promoción dos espectáculos da tempada".

Un total de 112 espectáculos dos 311 inscritos foron seleccionados para participar como candidatos nesta edición dos Premios Max das Artes Escénicas, tal e como o decidiron, nesta primeira fase, o tres xurados territoriais designados polo comité organizador.

No caso dos aspirantes galegos, 'Raclette' de Ibuprofeno Teatro opta a catro candidaturas nas categorías de 'Mellor espectáculo de teatro' --no que hai 15 candidatos iniciais á espera de coñecerse os finalistas nunhas semanas--, 'Mellor autoría teatral' para Santi Cortegoso, 'Mellor dirección de escena' para Santi Cortegoso e 'Mellor actriz de reparto' para Iria Sobrado.

Pola súa banda, o espectáculo 'Perplexo' de iLMaquinario Teatro opta á candidatura de 'Mellor espectáculo revelación' xunto a outro dez aspirantes á espera de coñecerse os finalistas.

Mentres, a produción 'Tartufo' do Centro Dramático Galego opta á candidatura de 'Mellor actriz de reparto' para Rebeca Montero, xunto a outras 13 aspirantes, entre elas Iria Sobrado de 'Raclette'.


Selena González Rodríguez, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-03-2017 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0