Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Premian a tese dun vigués como a mellor do ano en Ciencias do Solo.
A tese do vigués Daniel Arenas Lago foi premiada como a mellor do ano (2015, posto que a convocatoria foi no 2016) segundo a Sociedade española de Ciencias do Solo. Os seus estudos centráronse en afondar na capacidade de absorción e retención de metais pesados nos chans, unha cuestión cada vez máis preocupante porque moitos destes elementos son tóxicos para os organismos e poden chegar ata o ser humano.

O investigador recolleu o premio fai uns días en Madrid, como un recoñecemento persoal e tamén a todo o grupo de investigación Plant and Soil Science, liderado polo catedrático Manuel J. Reigosa, pois en menos de dez anos é a terceira vez que alguén do seu equipo logra este galardón. «Estes tres premios amosan a capacidade de traballo do noso grupo, pese á escaseza de financiamento que existe en España en comparación con outros países da Unión Europea», sinala Arenas. Na actualidade atópase na Universidade de Leiden cun contrato de postdoctorado da Xunta e quedarase alí dous anos.

A tese foi defendida en xullo do 2015 e os seus resultados apareceron nunha ducia de publicacións en revistas científicas de alto impacto. Unha das novidades do estudo foi validar a efectividade do uso combinado de técnicas novidosas de obtención de imaxes espectroscópicas, practicamente non empregadas ata agora para os chans.

No caso desta investigación estudáronse dúas minas, a luguesa de Rubiais e a coruñesa de Touro, ademais de dúas canteiras de serpentinita: Penas Albas, en Moeche (A Coruña) e Campomarzo, en Silleda (Pontevedra).


Cristina Rey Pérez, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-03-2017 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0