Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tráfico reforza o control na rede secundaria galega, onde ocorren o 90 % das mortes.
Máis vixilancia nas estradas convencionais. Ese é o principal obxectivo da instrución que a Dirección Xeral de Tráfico trasladou á Agrupación de Tráfico da Garda Civil durante a reunión, onte en Madrid, do Comité de Seguridade Viaria que presidiu o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido. Estaba acompañado do director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano, e do xeral xefe da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, Benito Salcedo. Neste comité estiveron presentes tamén os coordinadores rexionais da DXT e os xefes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, entre eles María Vitoria Gómez Dobarro e o tenente coronel Francisco Javier Molano, en representación de Galicia.

A instrución transmitida pola DXT vén actualizar ás circunstancias actuais o plan de vixilancia e control que viña aplicando desde o ano 2012 e que os axentes da Garda Civil desenvolverán ao longo deste ano 2017 de acordo co novo programa operativo de traballo nas estradas.


Sara Fernández Fernández, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-03-2017 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0